✏️Ilustracións personalizadas
As túas ideas tamén merecen unha ilustración feita á medida. Xa sexa para un agasallo especial, un proxecto persoal ou profesional, ou simplemente porque queres darlle vida a unha imaxe que tes na cabeza… estou aquí para axudarche a facelo realidade!
LEMBRA: Tódalas ilustracións teñen o meu selo persoal, todas están feitas baixo a miña mirada e coa estética que me caracteriza!
Que che podo ofrecer?
- Retratos personalizados (individuais, de parella, familia ou mascotas).
- Ilustracións para libros, contos ou proxectos editoriais.
- Ilustracións temáticas ou conceptuais baseadas nas túas ideas.
- Deseños para camisolas, carteis, invitacións, etc.
Como funciona?
1. Cóntame a túa idea: Podes escribirme explicando que tes en mente. Acostumo pedir referencias visuais, varias fotografías para captar a esencia do que represento.
2. Orzamento e prazo: En función do que necesites, tamén varía o orzamento. Preciso tempo de antelación para realizar as ilustracións, tomo moi en serio o meu traballo e tamén os prazos a cumprir. NON AGARDES Á ÚLTIMA HORA PARA DECIDIR!!
3. Proceso creativo: Hai quen prefire agardar ao final, pero se o desexas, podo enviar algún anticipo, para que vaias sendo partícipe do proceso.
*IMPORTANTE: As ilustracións personalizadas deberán ser abonadas antes de comezar co proceso creativo.
4. Entrega final: Acostumo enviar por correo certificado o deseño, ou entregar en man, no caso de ser posible.
💌 Contacta comigo para poñer en marcha a túa idea ou resolver calquera dúbida. Estou desexando ilustrar contigo