Ir directamente a la información del producto
1 de 1

Paulinha d'Arzoá

Maruxa e Coralia de Compostela

Maruxa e Coralia de Compostela

Precio habitual €25,00 EUR
Precio habitual Precio de oferta €25,00 EUR
Oferta Agotado
Impuestos incluidos. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pago.

Para os composteláns e achegados, a historia das dúas irmás é de sobra coñecida, pero aínda hai quen pasea pola Alameda de Santiago sen saber o que representa a estatua colorida das "Dúas Marías"...
Pois ben, "As Dúas Marías" ou "As Dúas en Punto" son os alcumes cos que son coñecidas Maruxa (1898-1980) e Coralia Fandiño (1924-1983), dúas irmás que se volveron populares entre os anos cincuenta e setenta por pasear polas antigas rúas compostelás cun estilo rechamante e estrafalario e por piropear aos universitarios...
E isto, podemos dicir que foi a parte máis "doce" que se conta da súa historia, pois detrás desa colorida apariencia, agochábase unha realidade de represión e marxinación que sufriron durante gran parte da dictadura franquista. Os seus irmáns varóns foron perseguidos polo réxime, e durante moito tempo, cóntase que elas sufriron constantes irrupcións na casa, en plena noite, por quen lles quería sonsacar información sobre o paradoiro de seus irmáns escapados, nas que as humillaron e torturaron fortemente...
Para cando rematou o acoso, a vida das dúas irmás xa nada tiña que ver co que un día fora...
Foron sinaladas, a xente deixou de acudir ao seu taller de costura, e aínda que houbo quen as axudou a sobrevivir, debido ao seu extravagante modo de vestir, á súa maquillaxe esaxerada e ao seu pícaro comportamento, foron consideradas, pola maioría, como unhas "tolas"... Cando en realidade, a tolemia era todo o que estaba ao seu redor....

 

 

Esta é unha reprodución impresa en alta calidade na que se presta especial atención ás cores tratando de que sexan totalmente fieis á obra orixinal sobre papel verjurado de 300gr para emular a textura do papel de acuarela.
Medidas A4 (21x29,7cm)

 A ilustración orixinal está feita en acuarela e a man alzada!

Ver todos los detalles