Ilustracións personalizadas

As túas ideas tamén merecen unha ilustración feita á medida. Xa sexa para un agasallo especial, un proxecto persoal ou profesional, ou simplemente porque queres darlle vida a unha imaxe que tes na cabeza… estou aquí para axudarche a facelo realidade!

LEMBRA: Tódalas ilustracións teñen o meu selo persoal, todas están feitas baixo a miña mirada e coa estética que me caracteriza! 

Que che podo ofrecer?

Retratos personalizados (individuais, de parella, familia ou mascotas).
Ilustracións para libros, contos ou proxectos editoriais.
Ilustracións temáticas ou conceptuais baseadas nas túas ideas.
Deseños para camisolas, carteis, invitacións, etc.
Como funciona?
1. Cóntame a túa idea: Podes escribirme explicando que tes en mente. Acostumo pedir referencias visuais, varias fotografías para captar a esencia do que represento.

2. Orzamento e prazo: En función do que necesites, tamén varía o orzamento. Preciso tempo de antelación para realizar as ilustracións, tomo moi en serio o meu traballo e tamén os prazos a cumprir. NON AGARDES Á ÚLTIMA HORA PARA DECIDIR!!

3. Proceso creativo: Hai quen prefire agardar ao final, pero se o desexas, podo enviar algún anticipo, para que vaias sendo partícipe do proceso.

*IMPORTANTE: As ilustracións personalizadas deberán ser abonadas antes de comezar co proceso creativo.

4. Entrega final: Acostumo enviar por correo certificado o deseño, ou entregar en man, no caso de ser posible. 

💌 Contacta comigo para poñer en marcha a túa idea ou resolver calquera dúbida. Estou desexando ilustrar contigo

Formulario de contacto