Política de envío

CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA

Estas condicións regulan a compra de produtos a través da tenda online dispoñible en www.paulinhadarzoa.com propiedade de Paula Barazal, e correo electrónico de contacto paulinhadarzoa@gmail.com.

Ao acceder a este sitio Web, realizar un pedido, o cliente acepta as presentes condicións xerais de venda.

Paulinha d´Arzoá poderá modificar ou actualizar en parte ou en todo as presentes condición xerais tendo en conta os cambios da lexislación vixente. No caso de non estar de acordo con calquera modificación das condición xerais deberás abandonar este sitio Web.

 

Paulinha d´Arzoá ofrece a venda dos seus produtos a través deste sitio Web só a consumidores finais, que son calquera persoa física que non presenta fins de actividade comercial, empresarial ou profesional. Aqueles profesionais ou empresas que queiran mercar nesta tenda poderán poñerse en contacto no correo electrónico paulinhadarzoa@gmail.com ou no formulario de contacto que aparece na mesma.

Dende Paulinha d´Arzoá quedan reservados os dereitos de modificación da oferta comercial en calquera momento que sexa necesario ou oportuno.

A venda de calquera produto cérrase no momento no que se reciba o pedido , se comprobe a veracidade dos seus datos e se realice o pagamento. No caso de non recibir o pagamento nun prazo de 48 horas, o pedido será anulado.

 


1. FORMAS DE PAGAMENTO

O cliente poderá realizar o pagamento dos seus pedidos mediante algunha das seguintes modalidades:

  • Tarxeta de crédito/débito
  • Transferencia bancaria
  • Bizum (se está dispoñible)
  • Paypal

 

Todos os pagamentos realízanse a través de plataformas seguras e os datos proporcionados son tratados con total confidencialidade.


2. FORMA, PRAZOS E GASTOS DE ENVÍO

2.1. Zonas de entrega

Realizamos envíos a todo o territorio español (incluíndo Península, Illas Baleares, Illas Canarias, Ceuta e Melilla). Tamén se poderán realizar envíos internacionais, previa consulta.

2.2. Prazos de entrega

Os prazos de entrega estimados (unha vez confirmado o pagamento) contan con 2 días laborais para a preparación e outros 2 a 3 días laborais para a entrega en destinos peninsulares. Para destinos  españois fóra da Península, entre 3 e 10 días. Para destinos internacionais, deberase consultar.

No caso de ter algún fallo de stock, unha vez recibido o pedido, será informado dos posibles cambios de prazo.

En períodos de alta demanda ou incidencias loxísticas, os prazos poden variar.

Paulinha d´Arzoá non pode facerse responsable dos retrasos das empresas de mensaxería, alleos ao seu control.

2.3. Gastos de envío

Os gastos de envío para a Península e Baleares calcularase de xeito automático na cesta de compra, e serán GRATIS se se superan os 70€.

Tamén poden variar se se trata de destinos fóra da Península.

2.4. Empresa de transporte

Os envíos realízanse por Correo Certificado en Correos, o que proporcionará un código de seguimento para cada pedido. Este servizo de mensaxería fará dous intentos de entrega no domicilio. No caso de non poder realizar a entrega recibirá unha notificación na que se lle indica que debe recoller o paquete na súa Oficina de Correos correspondente.


3. PACKAGING (EMBALAXE)

Todos os produtos son enviados en embalaxes seguros e adecuados para garantir que chegan en perfectas condicións. Sempre que sexa posible, empréganse materiais reciclables ou reutilizables como parte do meu compromiso co medio ambiente.


4. DEREITO DE DESESTIMENTO (DEREITO DE DETRACTACIÓN)

De acordo coa normativa vixente (Lei 3/2014 e Directiva 2011/83/UE), o cliente ten dereito a desistir da compra sen necesidade de xustificación no prazo de 14 días naturais desde a recepción do pedido.

Para exercer este dereito, o cliente debe comunicar a súa decisión por escrito a paulinhadarzoa@gmail.com   indicando o número de pedido e os datos persoais, dentro do prazo estipulado.

Unha vez aceptado o desestimento:

  • O cliente deberá devolver os produtos en perfecto estado, sen usar e coa embalaxe orixinal.
  • Tódolos gastos de devolución corren a cargo do cliente, salvo erro ou defecto no produto enviado.
  • Unha vez recibida a devolución e comprobado o estado dos artigos, procederase á devolución do importe correspondente no prazo máximo de 14 días.

EXCEPCIÓNS: Non se admite o dereito de desistimento en produtos personalizados ou que se entreguen en mal estado.


5. CONDICIÓNS PARA DEVOLUCIÓNS

Admitiranse devolucións nos seguintes casos:

  • Produto incorrecto ou diferente ao solicitado.
  • Exercicio do dereito de desistimento (ver punto anterior).

Para tramitar unha devolución, o cliente deberá contactar en paulinhadarzoa@gmail.com  indicando:

  • Número de pedido
  • Motivo da devolución
  • Fotos (en caso de danos ou erros)

Tras a validación da solicitude, indicaráselle ao cliente o procedemento a seguir. O reembolso ou substitución realizarase no menor tempo posible, unha vez recibida e revisada a mercadoría devolta. A devolución deberá facerse mediante calquera tipo de mensaxería que conte con rexistro de entrega, como por exemplo correo certificado. En ningún caso se devolverán os gastos de envío. No caso de que o reembolso exceda o prazo de 15 días hábiles, deberá porse en contacto en paulinhadarzoa@gmail.com.

 

No caso de ter algún PROBLEMA CO ENVÍO, por favor, contacta en paulinhadarzoa@gmail.com para poder porlle solución canto antes. Ás dúas partes nos interesa que o paquete chegue en perfectas condicións e nos prazos previstos.

IMPORTANTE: Revisa tódolos teus datos de enderezo e contacto para evitar contratempos.