Paraugas personalizados

✨🌂 Paraugas únicos, pintados a man!☔✨

Aquí non atoparás  un paraugas calquera. Estes son pequenas obras de arte, pintadas a man con moito mimo para que poidas levar cor, alegría e personalidade incluso nos días máis grises!

Cada paraugas é único e irrepetible, polo que tamén pode ser un agasallo deses que non se esquecen para unha persoa especial!!

O teu paraugas pode ter:
- As túas cores favoritas
- Motivos vexetais: a flor que máis che guste, folliñas de outono...
- Elementos asociados á túa profesión, ou aos teus hobbies e preferencias.
- O teu nome, ou algunha frase curta.

IMPORTANTE: Non realizo retratos de mascotas nos paraugas, nin paisaxes ou escenas completas, xa que o soporte non é o máis adecuado como para asegurar a durabilidade deste tipo de composicións, especialmente nas costuras.
Traballo con pintura textil de alta calidade, resistente á auga, para que poidas usar o teu paraugas con total tranquilidade. É importante que despois de usalo o deixes aberto para que seque ben antes de gardalo!

---

Por que escoller un paraugas personalizado?

Son orixinais e feitos a man, non hai dous iguais!

Axúdanche a expresarte e destacar.

Son funcionais.

Poden ser o regalo perfecto!

E sobre todo… fante sorrir cando chove !!!


---

Se queres un paraugas con alma, estás no lugar axeitado!

Escríbeme para crear o teu deseño a medida.

Formulario de contacto