Colección: Memoria do Noso.

A tradición galega nace da terra e do tempo, foi transmitida de xeración en xeración polas mans das nosas avoas e avós. Son eles os que mantiveron viva a memoria do noso pobo para que non esquezamos de onde vimos.

No corazón do rural, entre montes de castiñeiros e carballos, leiras e aldeas que esmorecen, gárdanse os costumes, os contos, as cantigas que lle dan forma á nosa identidade. Ogallá non o deixemos morrer.