Ir directamente á información do produto
1 de 1

Paulinha d'Arzoá

Toxiño

Toxiño

Prezo normal €25,00 EUR
Prezo normal Prezo de oferta €25,00 EUR
Oferta Esgotado/a
Impostos incluídos. Os custos de envío calcúlanse na pantalla de finalización da compra.
Raro debe ser o monte galego no que non atopemos toxos! É un típico arbusto dos nosos montes, a súa flor , dunha cor amarela intensa chámase chorima e ten unha beleza ben especial. O toxo está cubertiño de espiñas. 

Na cultura galega é habitual empregar a expresión "é un toxo" para referirse a quen goza de pouca simpatía e parece borde. Tamén se emprega "é un toxiño", desta volta para referirse ás persoas bordes pero riquiñas á vez.

A min encántanme os toxos, e a ti?

 

 

Esta é una reprodución impresa en alta calidade na que se presta especial atención ás cores tratando de que sexan totalmente fieis á obra orixinal sobre papel verjurado de 300gr para emular a textura do papel de acuarela.

Medidas A4 (21x29,7cm)

 A ilustración orixinal está feita en acuarela e a man alzada!
Ver todos os detalles