Colección: Persoas para non esquecer

Ao longo da historia houbo persoas que coas súas ideas, valentía e accións axudaron a cambiar as cousas no mundo. Mulleres e homes que deixaron unha pegada no tempo, abriron camiños, romperon barreiras e inspírannos hoxe! Coñecelos e valoralos axúdanos a non esquecer quen somos e de onde vimos, e a onde non debemos regresar.