Ir directamente á información do produto
1 de 1

Paulinha d'Arzoá

Medusa

Medusa

Prezo normal €25,00 EUR
Prezo normal Prezo de oferta €25,00 EUR
Oferta Esgotado/a
Impostos incluídos. Os custos de envío calcúlanse na pantalla de finalización da compra.
Sabedes que Medusa era a única gorgona mortal, irmá das inmortais Esteno e Euríale. Foi asasinada por Perseo, coa axuda de Atenea, que lle guiaba a man mentres el miraba a través do reflexo dun escudo para non ser convertido en pedra pola mirada da gorgona.
Os primeiros poetas gregos falaban de que Medusa naceu sendo un monstruo terrible, pero co paso do tempo foise variando a versión e outros contaban que en realidade era una moza fermosa e que sería Atenea ou Minerva as que a converton no monstro que coñecemos hoxe: de cabeleira de serpes e poder máximo de convertidor en pedra aos que a miran aos ollos...
Esa segunda versión gústame máis, e tamén me gusta pensar de xeito inxénuo, quizásis, que os monstruos non nacen, senón que se fan co paso da vida. É por iso que ilustrei a Medusa cunha mirada limpia e rostro doce, para que cando a miremos non teñamos medo de quedar petrificados...
Esta é unha reproducción impresa en alta calidade na que se presta especial atención ás cores tratando de que sexan totalmente fieis á obra orixinal sobre papel verjurado de 300gr para emular a textura do papel de acuarela.

Medidas A4 (21x29,7cm)

 A ilustración orixinal está feita en acuarela e a man alzada!
Ver todos os detalles