Ir directamente á información do produto
1 de 1

Paulinha d'Arzoá

Nefertiti

Nefertiti

Prezo normal €25,00 EUR
Prezo normal Prezo de oferta €25,00 EUR
Oferta Esgotado/a
Impostos incluídos. Os custos de envío calcúlanse na pantalla de finalización da compra.
Hai máis de 3500 anos, Nefertiti foi unha raíña da dinastía XVIII de Exipto e tamén nomeada como a Gran Esposa Real de Akenatón.
Entre outras cousas, a faraona e o seu esposo tiñan como misión desterrar as antigas deidades para converterse eles mesmos na encarnación da divindade no plano terrenal. Renovaron os palacios exipcios cun novo estilo sagrado que marcou a diferenza con respecto a anteriores gobernantes.
Esta ruptura cos antigos deuses tróuxolles problemas, e a popularidade de Akenatón e Nefertiti resentiuse e o imperio desestabilizouse... E mentres esto ocorría, unha das súas fillas, con tan só trece anos, faleceu ao dar a luz. Dende entón perdeuse rastro algún de Nefertiti. Hai historiadores que apuntan que se puido suicidar, outros que puido reinar con outro nome, mentres que outros indican que tras perder a fe en Atón, o seu marido a desterrou para sempre...

 

 

Esta é unha reprodución impresa en alta calidade na que se presta especial atención ás cores tratando de que sexan totalmente fieis á obra orixinal sobre papel verxurado de 300gr para emular a textura do papel de acuarela.

Medidas A4 (21x29,7cm)

 A ilustración orixinal está feita en acuarela e a man alzada!
Ver todos os detalles